British Aerospace 125

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «BAe 125»)
British Aerospace 125
Tipoexecutivo medio
Fabricantede Havilland (deseño)
Hawker Siddeley (ata 1977)
British Aerospace (1977–1993)
Raytheon (1993–2007)
Hawker Beechcraft (2007–2013)
Primeiro voo13 de agosto de 1962
Produción1963 - 2013
Unidades construídas1 720[1]
VariantesHawker 800

O British Aerospace 125 é un avión de negocios bimotor de tamaño medio. Desenvolvido orixinalmente por de Havilland e designado inicialmente DH.125 Jet Dragon, entrou en produción como o Hawker Siddeley HS.125, que foi a designación utilizada ata 1977. Despois, versións máis recentes foron comercializadas como o Hawker 800.

Máis do 60% de todas as vendas do avión foron a clientes en América do Norte.[2] Tamén foi usado pola Royal Air Force como adestrador de navegación, designado como Hawker Siddeley Dominie T1, e operado pola Forza Aérea dos Estados Unidos como avión de calibración, coa designación C-29.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kingsley-Jones, Max. "NBAA: Business jet designs that changed the industry". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-13. 
  2. Jerram, Mike. "The last de Havilland." Flying Magazine, 120 (9). p. 43