BAP!!
BAP!! | |
---|---|
Orixe | Guipúscoa, País Vasco, España |
Período | 1984 - 1996 |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Basati Diskak, Esan Ozenki |
Membros | Eneko Abrego, Jomes, Drake, Mikel Abrego |
Antigos membros | Txampi |
Na rede | |
BAP!! (acrónimo de "Brigada Anti Polizialak" ou "Babarruna ta Aza Popularra") foi un grupo vasco de hardcore. Fórmanse en 1984 e disólvense en 1996, deixando tres discos gravados. En 2003 publicouse un CD+DVD co derradeiro concerto que deron no gaztetxe de Andoain. Tres dos seus membros xuntáronse en 2004 para ensaiar novas canción nun novo grupo: Inoren Ero Ni.
Historia
[editar | editar a fonte]Formáronse en Andoain (Guipúscoa) en 1984. Eneko Abrego, Jomes, Drake e Txanpi, con nula experiencia e pouca habilidade cos instrumentos,[1] seguiron a estela de grupos que se englobaron no chamado rock radical vasco. Comezaron tocando un furibundo hardcore punk, do que son precursores recoñecidos en Euskadi, pero o seu son foi evolucionando disco a disco cara a un estilo con moitos máis matices, influenciados (entre outras bandas) polos Bad Brains.
En 1986 gravaron a súa primeira referencia nunha maqueta que o grupo puxo en circulación e que vendían durante os seus concertos: Babarruna to Aza Popularra. Tamén gravaron os seus primeiros catro temas oficiais para o recompilatorio Condenados a Luchar (Discos Suicidas) xunto a outras bandas como Danba, M.C.D., Ultimatum, Zer Bizio e Porkeria T. Nun principio alternaron os temas en castelán con temas en éuscaro, pero terminaron gravando exclusivamente en lingua éuscara.
Ata 1988 non apareceu o seu primeiro LP, Bidehuts eta Etxe Huts (Basati Diskak). Txampi abandonou entón a batería, entrando o irmán de Eneko, Mikel Abrego. Publicaron Zuria Beltzez, onde a evolución no son é bastante notable, incluíndo, no obstante, temas na onda do seu primeiro traballo.
O seu terceiro traballo, Lehertzeko Garaia, entregárono en 1994 coa discográfica Esan Ozenki. O disco foi recibido pola crítica como o mellor que gravaran ata o momento. Non só producíronse melloras a nivel compositivo, senón que os músicos tocaban cada vez mellor. De feito, Drake e Mikel formaban unha das mellores bases rítmicas do estado, segundo a revista musical Ruta 66.[2]
En 1996 o grupo separouse, deixando como epitafio un documental sobre o grupo que, xunto con entrevistas, editouse no vídeo ...Ta Bestela Ondo? (Esan Ozenki). O seu derradeiro concerto dérono no gaztetxe de Andoain, ó que sempre estiveron ligados e no que tocaron moitas veces. O concerto foi editado en CD e DVD pola discográfica Metak (sucesora de Esan Ozenki) en 2003 co título de Bazen. Durante ese ano Mikel, Eneko e Drake xuntáronse con Borja (ex-guitarrista do grupo Purr) para ensaiar novas cancións. Isto provocou que se propagaran rumores sobre unha posible reunión de BAP!!, pero o grupo negouno de maneira tallante[3] e terminou publicando un disco baixo un novo nome: Inoren Ero Ni.
Membros
[editar | editar a fonte]- Eneko Abrego (cantante).
- Jomes (guitarra).
- Drake (baixo).
- Txampi (batería entre 1984 e 1989).
- Mikel Abrego (batería entre 1989 e 1996).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Babarruna ta Aza Popularra (Autoeditado, 1986) - Casete.
- Bidehuts eta Etxe Huts (Basati Diskak, 1988) - LP.
- Zuria Beltzez (Basati Diskak, 1992) - LP e CD.
- Lehertzeko Garaia (Esan Ozenki, 1994) - LP e CD.
- Bazen (Metak, 2003)
Zuria beltzez e Bide Huts eta Etxe Huts foron reeditados por Esan Ozenki en 1996 nun único CD.
Presenza en recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Condenados a Luchar (Discos Suicidas, 1986).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Betagarri, no libreto que acompaña o seu álbum 80/00 din deles:
«Comenzaron de cero, casi como pésimos instrumentistas, pero lo cierto es que año tras año dejan claro el natural instinto para sugerir y la notable capacidad para superarse». - ↑ Gegúndez, Fernando: Reseña de Inoren Ero Ni, en Ruta 66 nº 216: maio de 2005.
- ↑ FM-Hop: entrevista a Inoren Ero Ni Arquivado 08 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., en La Factoría del Ritmo nº 22.