Saltar ao contido

BAC Strikemaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BAC Strikemaster
 Instancia de
 Subclase de
Produción
 Fabricante
Características
 Impulsado por
Viper (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Lonxitude10,27 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura10,77 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Retiro do servizo
1993 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
26 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/06h1by Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O BAC 167 Strikemaster é unha aeronave británica a reacción de adestramento e ataque lixeiro. Foi un desenvolvemento do adestrador Hunting Jet Provost, que á súa vez é unha versión a reacción do Percival Provost, que voou orixinalmente en 1950 cun motor de pistóns radiais.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O BAC 167 Strikemaster é esencialmente unha versión armada do Jet Provost T Mk 5; o Strikemaster modificouse cun motor mellorado, soportes nas ás capaces de levar catro bombas Mk82 de 500 libras, dúas metralladoras baixo as tomas de aire, un sistema de flaps mellorado, grandes freos de aire, un novo equipo de comunicacións e navegación, un sistema eléctrico distinto, rompedores de dosel nos asentos exectables, e un sistema de combustible revisado que incluía depósitos nas puntas das ás. Voou por primeira vez o 26 de outubro de 1967[1] e foi comercializado como un avión de ataque lixeiro ou un avión de contrainsurxencia, aínda que a meirande parte dos compradores a gran escala foron forzas aéreas que buscaban un adestrador avanzado, aínda que Ecuador, Oman e Iemen usaron os seus avión en combate. En total construíronse 146 unidades do Strikemaster entre 1967 e 1984, servindo en 10 países.[1]

  1. 1,0 1,1 "BAC Strikemaster". www.baesystems.com. Consultado o 2024-05-03.