Bücker Bü 133 Jungmeister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bücker Bü 133 Jungmeister
Tipoadestrador avanzado
FabricanteBücker Flugzeugbau
Principais usuariosLuftwaffe
España
Suíza
Produciónuns 250

O Bücker Bü 133 Jungmeister foi un adesttrador avanzado da Luftwaffe durante os anos 30. Tratábase dun biplano monomotor, cun único asento e de construción de madeira e aceiro tubular e cuberto de tea.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Bü 133 foi un desenvolvemento do adestrador básico de dúas prazas Bücker Bü 131 Jungmann. O avión voou por vez primeira en 1935, pilotado por Luise Hoffmann (a primeira piloto de probas de Alemaña), e era lixeiramente máis pequeno que o Bü 131. O prototipo, D-EVEO, estaba equipado cun motor invertido de 6 cilindros en liña Hirth HM506 de 140 cabalos e refrixerado por aire.[1]

O avión mostrou unha "axilidade sorprendente" na súa primeira aparición pública, o Campionato Internacional de Acrobático de 1936 en Rangsdorf, pero o Bü 133A non conseguiu pedidos; só dous Bü 133B, con motores radiais de 160 cabalos Siemens-Halske Sh.14A-4, foron construídos.[1]

O principal tipo de produción foi o Bü 133C equipado cun motor radial de 160 cabalos Siemens-Bramo Sh 14A, que tiña unha capota distintiva e unha fuselaxe 13 cm máis curta, mantendo o mesmo rendemento acrobático que o Bü 133A.[1]

52 foron construídos baixo licenza por Dornier Flugzeugwerke para a Forza Aérea de Suíza (que os mantivo en servizo ata 1968).[1] 25 Jungmeisters, inicialmente equipados con motores Hirth HM506, foron construídos baixo licenza por CASA para o Exército do Aire de España dende 1940 ata 194, recibindo a designación CASA 1-133L, aínda que despois serían remotorizados con motores Sh 14. Uníronse aos 22 Bü-133C de construción alemá que sobreviviron á guerra civil.[2]

Nos anos 60 o piloto estadounidense Jack Canary obtivo de España os planos de construción do Bü-133 e unha licenza de produción de Carl Bücker, coa intención de reiniciar a produción do Jungmeister en Alemaña para satisfacer unha alta demanda esperada dos Estados Unidos. O primeiro avión de nova construción completouse na fábrica Wolf Hirth en Nabern en 1968. Porén, Jack Canary morreu posteriormente nese mesmo ano durante a produción do filme Tora! Tora! Tora!, e a súa morte causou que o proxecto perdese impulso. A pobre vendas, causadas en parte debido ao alto custo dos avións novos e a que había dispoñibles no mercado civil vellos Jungmeisters suízos, fixeron que se detivese a produción en 1971 despois de construír tan só catro unidades.[3] Varios aparellos completáronse posteriormente a partir de compoñentes fabricados durante este proxecto, sendo construídos dous avións en Austria nos 70, un en Francia en 1991, e outro completado por Hirth tamén en 1991.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ketley, Barry, e Rolfe, Mark. Luftwaffe Fledglings 1935–1945: Luftwaffe Training Units and their Aircraft (Aldershot, GB: Hikoki Publications, 1996), p.14
  2. Haufschild e Schneider Air-Britain Archive Winter 2017, pp. 153-154
  3. Haufschild e Schneider Air-Britain Archive Winter 2017, pp. 154-155
  4. Haufschild e Schneider Air-Britain Archive Winter 2017, p. 155