Axuda:Wikipedia paso a paso/Textos/T1E2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Comecemos polo máis sinxelo: o título do artigo.

O titulo é sobre o que imos facer o artigo. Na Wikipedia en galego sempre miramos de pór os títulos máis sinxelos posible.

O título é, ademais, o elemento que empregamos para ligar a esta páxina dende outro artigo. Ou sexa, cando noutro artigo alguén escriba framboeseiro virá até aquí.