Axuda:Violación de copyright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Por «copyvio» enténdese en Wikipedia a unha violación dos dereitos de autor, en especial cando se copian contidos con dereitos de autor que non son compatibles coa Licenza de documentación libre GNU (GFDL) doutros sitios (libros, publicacións ou sitios web) en Wikipedia.

O termo ten a súa orixe no modelo {{copyvio}} coa cal se marcan os artigos ou seccións que son sospeitosas de violar os dereitos de autor. Este modelo foi traído da Wikipedia en inglés, e é un apócope de copyrights violation, en galego, «violación de copyright».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.