Wikipedia tan só ten unhas poucas regras estritas e baséase en cinco principios fundamentais. As políticas e directrices de Wikipedia son desenvolvidas pola comunidade para aclarar estes principios e describen a mellor maneira de aplicalos, resolver conflitos e ampliar a nosa meta de crear unha enciclopedia libre e confiable.
Esencialmente, as políticas expresan os principios fundamentais de Wikipedia en detalle e as directrices aconsellan sobre como aplicar esas políticas e proporcionar unha consistencia xeral a través dos artigos. As políticas formais e as directrices avisan da súa condición na parte superior das súas páxinas e o prefixo "Wikipedia:" ou "WP:" acompaña ao seu nome de páxina.
Mentres que, polo xeral, hai unha política ou guía para cada problema imaxinable, non se espera que se coñezan todas! Afortunadamente hai un puñado delas nas que todas as demais se basean. As seguintes páxinas describen as máis significativas, representando o espírito xeral das normas de Wikipedia. Coñecer estes elementos básicos fai que as discusións e a edición sexan máis fáciles e produtivas.