Avelino Cal Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Redondela, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Familia | |
Pai | Saturno Cal Muíños |
Irmáns | Raimundo Cal Fernández |
Avelino Cal Fernández, nado en Redondela en 1901, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Saturno Cal Muíños. Foi contable nunha empresa en Madrid. Na Segunda República foi correspondente en Madrid do periódico redondelán El Soplete. Regresou a Redondela para ser contable da fábrica de conservas JOB de José Otero González.[1] Militou no Partido Galeguista e foi director do seu voceiro Terra! En abril de 1933 foi candidato nas eleccións municipais, pero non foi elixido. En 1935 foi elixido secretario xeral do Grupo Galeguista de Redondela. No franquismo foi director xerente e despois apoderado da fábrica de conservas JOB.[2] Colaborou e foi asesor técnico do Club Deportivo Redondela.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. p. 50. ISBN 84-8302-720-8.