Raimundo Cal Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaimundo Cal Fernández
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xaneiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSaturno Cal Muíños Editar o valor em Wikidata
IrmánsAvelino Cal Fernández Editar o valor em Wikidata

Raimundo Jorge Nicolás Cal Fernández, nado en Redondela o 22 de setembro de 1914 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 2003, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Saturno Cal Muíños. Na Segunda República formou parte da Xuventudes Socialistas, Izquierda Republicana e Partido Galeguista. Foi elixido responsábel de propaganda das Mocidades Nazonalistas para Pontevedra en xaneiro de 1936. Despois da guerra foi mestre (1941) e directivo do Casino. En 1948 foi detido acusado de participar no Socorro Rojo, sendo condenado a nove anos de prisión. Preso na Prisión do Partido de Vigo, saíu en liberdade vixiada en 1950.[1] Reintegrouse á súa profesión de mestre e estivo destinado na provincia de Logroño sete anos. Á volta foi mestre en Ponteareas, O Viso e Reboreda. En 1973 participou na creación da Asociación de Veciños de Redondela. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas polo PCE e foi elixido concelleiro. Finou en Redondela o 22 de xaneiro de 2003.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 8-7-1950, p. 2974.
  2. La Voz de Galicia, 24-1-2003, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 282–284. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]