Autodesk Revit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Autodesk Revit
Revit-2015-splash-screen.jpg
Revit.jpg
Pantalla de deseño Revit.
Desenvolvedor(es)Autodesk
Última versión2018
(April 2017)
Sistema operativoWindows 64 bits
TipoCAD BIM
LicenzaPropietario
Sitio webhttps://www.autodesk.com/products/revit-family/overview

Autodesk Revit é un programa informático BIM (Building Information Modeling, modelado de información para construción), para Windows propiedade de Autodesk. O programa permite aos usuarios construír edificios e deseños 3D, anotar o deseño con obxectos 2D nunha base de dados. Revit é un programa 4D BIM, permite con ferramentas planificar a traxectoria e estratexia construtiva durante o ciclo de vida, concepto e construción ata o posterior mantemento e/ou demolición.

Autodesk comprou a compañía texana Revit Technology Corporation por 133 millóns de dólares en 2002. As últimas versións do programa son de 64 bits.

Historia[editar | editar a fonte]

Charles River Software foi fundada en Newton, Massachusetts, o 31 de outubro de 1997, por Leonid Raiz e Irwin Jungreis. Dous programadores chave do programa de CAD Pro/Engineer de PTC para o deseño mecánico, coa intención de levar o poder do modelado paramétrico á industria da construción e obra civil (PTC tiña tentado e non foi quen de comercializar o programa Reflex no sector da construción). Co financiamento de Atlas Venture e North Bridge Venture Partners, Raiz e Jungreis contrataron a varios programadores de software e arquitectos para comenzar a traballar en Revit con C++ na plataforma Microsoft Windows. En 1999 contrataron a Dave Lemont como CEO e a membros para a xunta directiva a Jon Hirschtick, fundador de SolidWorks, e Arol Wolford, fundador de CMD Group.[1]

Versións[editar | editar a fonte]

Versión Desenvolvedor Data de lanzamento Novas
Revit 0.1 Charles River Software 1999, Novembro Early Adopter 1
Revit 0.2 Charles River Software 2000, Xaneiro Early Adopter 2
Revit 1.0 Revit Technology Corporation 2000, Abril Primeiro lanzamento público
Revit 2.0 Revit Technology Corporation 2000, Agosto -
Revit 2.1 Revit Technology Corporation 2000, Outubro -
Revit 3.0 Revit Technology Corporation 2001, Febreiro -
Revit 3.1 Revit Technology Corporation 2001, Xuño -
Revit 4.0 Revit Technology Corporation 2001, Novembro -
Revit 4.1 Revit Technology Corporation 2002, Xaneiro -
Revit 4.5 Autodesk 2002, Maio Primeiro lanzamento de Autodesk
Revit 5.0 Autodesk 2002, Decembro -
Revit 5.1 Autodesk 2003, Maio -
Revit 6.0 Autodesk 2003, Decembro -
Revit 6.1 Autodesk 2003, Marzo -
Revit 7.0 Autodesk 2004, Decembro -
Autodesk Revit Building 8.0 Autodesk 2005, Febreiro Novo nome: Autodesk Revit Building
Autodesk Revit Building 8.1 Autodesk 2005, Agosto -
Autodesk Revit Building 9.0 Autodesk 2006, Abril -
Revit Architecture 2008 Autodesk 2007, Abril Novo nome: Revit Architecture
Revit Architecture 2009 Autodesk 15 de abril de 2008 -
Autodesk Revit Architecture 2010 Autodesk 16 de abril de 2009 Novo nome: Autodesk Revit Architecture
Autodesk Revit Architecture 2011 Autodesk 16 de abril de 2010 -
Autodesk Revit Architecture 2012 Autodesk 11 de abril de 2011 -
Autodesk Revit Architecture 2013 Autodesk 27 de marzo de 2012 -
Autodesk Revit Architecture 2014 Autodesk 26 de marzo de 2013 -
Autodesk Revit Architecture 2015 Autodesk 11 de abril de 2014 -
Autodesk Revit Architecture 2016 Autodesk 13 de abril de 2015 -
Autodesk Revit 2017 Autodesk 18 de abril de 2016 [2] Todo en un [3]
Autodesk Revit 2018 Autodesk 13 de abril de 2017 [4] -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crotty, Ray (2012). The Impact of Building Information Modelling: Transforming Construction. London: SPON/Routledge. p. 72. ISBN 9781136860560.
  2. "Consultado 22 abril 2016". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  3. "consultado 22 abril 2016". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  4. What’s New in Revit 2018? blogs.autodesk.com