Universidade Nacional Australiana
Universidade Nacional Autraliana Australian National University | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Camberra |
Fundación | 1946 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Nacional Autraliana (en inglés Australian National University) é unha universidade pública radicada en Camberra, Territorio da Capital Australiana. Situada no suburbio de Acton, o campus principal abarca sete colexios de ensinanza e investigación, ademais de varios institutos nacionais.[1] Fundada en 1946, é a única universidade creada polo Parlamento de Australia. Orixinariamente era un centro de investigación de posgrao que comezou a educación de grao en 1960, cando se integrou na Univesidade de Camberra, que fora establecida en 1929 como un campus da Universidade de Melbourne.[2]
A Universidade Nacional Australiana en 2013 contaba con 10 052 estudantes de grao, 10 840 de posgrao e 3 753 empregados de adminiatración e servizos.[3] O orzamento da universidade en 2012 era de 1,13 miles de millóns de dólares australianos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Academic Structure". Australian National University. Consultado o 20-02-2016.
- ↑ "Timeline". Australian National University. Consultado o 21-02-2016.
- ↑ "Quick Stats". Australian National University. Arquivado dende o orixinal o 09-04-2013. Consultado o 21-02-2016.
- ↑ "Investment Performance Summary for Year Ended 31 December 2012" (PDF). Australian National University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 21-02- 2016.