Aurelio Pego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurelio Pego
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Aurelio Pego foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou para contador mercantil e colaborou desde novo na prensa galega. Na idade do servizo militar, emigrou para fuxir da guerra de África. Chegou a Nova York en 1920 e comezou a colaborar en diferentes revistas americanas ao mesmo tempo que facía crónicas para periódicos de Madrid e para Popular Film de Barcelona. Foi correspondente de La Vanguardia (1933-1937). Formou parte do cadro de redacción de Cine-Mundial, editado en Nova York en castelán, que informaba aos países do ámbito castelanfalante das novidades do mundo do cine. De 1927 a 1948 publicou reportaxes, entrevistas e críticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]