Toau é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Fakarava. Está situado ao oeste do arquipélago, diante da canle do norte de Fakarava.
A superficie total é de 9km². O atol dispón de dous pasos á lagoa interior e de praias de area.
A vila principal é Maragai, aínda que os habitantes son esporádicos e proveñen da veciña Fakarava para pescar e colleitar copra. Ultimamente tamén hai visitantes ocasionais para a práctica do mergullo. Non dispón de infraestruturas.