Atlético Malagueño
Atlético Malagueño | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Atlético Malagueño, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Boquerones, Chanquetes | |||
Fundación | 1990 (como Sociedad Deportiva Malagueña) | |||
Estadio | El Viso, Málaga, España | |||
Inauguración | 1990 | |||
Capacidade | 1.300 espectadores | |||
Presidente | Abdullah ben Nasser Al Thani | |||
Adestrador | Manolo Sanlúcar | |||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | |||
2017–18 | 1º (3ª – Grupo 9) | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.malagacf.com | ||||
| ||||
O Atlético Malagueño é un club de fútbol andaluz, da cidade de Málaga, primeiro equipo filial do Málaga Club de Fútbol. Fundouse en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña e xoga actualmente no grupo 4 da Segunda División B Española.
O seu maior éxito foi ascender á Segunda división española no ano 2003, onde se mantivo tres tempadas consecutivas.
Denominacións
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña. Coa desaparición do Club Deportivo Málaga en 1992, converteuse no filial do Club Atlético Malagueño (que ata entón fora o filial do CD Málaga e que durante 2 anos relevouno como primeiro equipo malaguista).
En 1994 o Club Atlético Malagueño cambiou o seu nome, feito que supuxo o nacemento do actual Málaga Club de Fútbol. En 1995, o filial adoptou o nome do primeiro equipo pasando a ser o Málaga Club de Fútbol B, para axustarse á normativa da Real Federación Española de Fútbol.
En 2008 a presidencia do Málaga declarou a súa vontade de adoptar para o filial a denominación tradicional de Atlético Malagueño, con moito arraigamento entre os afeccionados malaguistas,[1] nome que o 9 de xullo de 2009 foi aprobado pola Real Federación Española de Fútbol.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca e celeste a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul escura con franxas brancas, pantalón azul escuro e medias azuis escuras.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Posto histórico de filiais: 6º
- Tempadas en 2ª: 3
- Tempadas en 2ªB: 3 (incluída a 2018/19)
- Tempadas en 3ª: 17
- Debut en Segunda: 2003-04
- Mellor posto na liga: 15º (2ª división, tempada 2003-04)
- Peor posto na liga: 21º (2ª división tempada 2005-06)
- Máximo goleador da historia do club: Alex Geijo, con 15 goles.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de setembro de 2018.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Segunda División B Española (1): 2002–03
- Terceira División Española (3): 1998–99, 2016–17, 2017–18
- Subcampión da Terceira División Española (2): 2000–01 e 2001–02
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O filial pasará a chamarse Malagueño ou Atlético Malagueño". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de xuño de 2011.