Ataxia sensorial
Aparencia
A ataxia sensorial é unha síndrome neurolóxica e un signo médico.[1] É unha forma de ataxia, isto é, perda da coordinación, que non está causada por un dano no cerebelo, senón por unha perda da percepción sensorial que regula o movemento.[2] A ataxia sensorial diferénciase da ataxia cerebelosa en que, entanto que o equilibrio é bastante próximo á normalidade cos ollos pechados, cando o paciente abre os ollos a perda de equilibrio é manifesta. En pacientes con ataxia sensorial o signo de Romberg adoita ser positivo.[3]
Causas
[editar | editar a fonte]A ataxia sensorial prodúcese como consecuencia de trastornos que afectan á vía propioceptiva consciente a nivel de:
- Nervio periférico
- Raíces posteriores
- Cordóns posteriores
- Lemnisco medial no tronco encefálico
- En raras ocasións, por lesións talámicas ou parietais, pode producirse unha hemiataxia sensitiva contralateral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tipos de ataxias Arquivado 31 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Farreras-Rozman: Medicina Interna, 16ª Edición. Elselvier, 2009.
- ↑ Ataxia sensorial Dicionario médico
- ↑ "Portal de medicina". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013.