Asociación de Mujeres Juristas Themis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Mujeres Juristas Themis
TipoOrganización non gobernamental
Data de fundación1987
Fundador(es)Alicia Herrera Rivera
PremiosOrden Civil de la Solidaridad Social
PaísEspaña
Na rede
https://www.mujeresjuristasthemis.org/
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Mujeres Juristas Themis, é unha organización non gobernamental sen ánimo de lucro integrada por avogadas, procuradoras, xuízas, maxistradas e secretarias xudiciais de España. Constituída en 1987, o seu obxectivo fundacional é promover a igualdade xurídica entre mulleres e homes. Foi premiada en varias ocasións con motivo do seu destacado traballo na loita polos dereitos das mulleres. Recibiu en 1999 a Cruz de Plata de la Orden Civil de la Solidaridad Social do Ministerio de Trabajo, e foi premiada polo Instituto de la Mujer con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres en 2007.

Orixe e fundación[editar | editar a fonte]

A fundadora de Themis, foi a avogada chilena Alicia Herrera Rivera, quen tras o golpe de estado de Augusto Pinochet se exiliou en Europa, desdeonde loitou contra a ditadura chilena creando equipos de apoio xurídico ás persoas presas. En 1977 estableceuse en España e coñeceu de primeira man a situación das mulleres maltratadas, e dedicou todos os seus esforzos para impulsar neste país os cambios lexislativos que permitisen ás mulleres saír do desamparo que padecían. Deste xeito, participou nos traballos que coordinaba o Colectivo Jurídico Feminista.

“O ensordecedor silencio das mulleres que non se atrevían a gritar ante a xustiza a súa cotiá traxedia e o medo que teñen as mulleres maltratadas a denunciar foi o que me incitou a traballar por elas”, comentaría, referíndose á situación que atopou no noso país.[1]

Xunto con outras avogadas, promoveu que a Constitución Española, entón en tramitación parlamentaria, recollese a igualdade de dereitos de homes e mulleres.[2]

Formou parte na creación da Comisión de Investigación de Malos Tratos a Mujeres, ONG que se constituíu en 1983, e foi convidada a informar, como experta, ante o Senado. Tamén compartiu co Defensor do Pobo a súa enorme experiencia sobre o desamparo que as mulleres sufrían fronte á lei española.

En 1987 creou, en colaboración cun grupo de letradas, a Asociación de Mujeres Juristas Themis, en referencia á deusa de xustiza grega.[3][4] A finalidade da asociación era a denuncia da indefensión das mulleres e a reivindicación da súa tutela xudicial efectiva. Herrera foi elixida primeira presidenta de Themis. Lembrando aquela época, relataba como as dificultades para loitar contra os malos tratos e a acumulación de impotencia ao ver como as autoridades non facían nada fronte ao tema, transformáronse “nunha inxección constante de enerxía para seguir adiante.[1]

As accións de Themis van encamiñadas a garantir a efectividade dos dereitos das mulleres e impulsar as propostas de cambio naquelas normas xurídicas que atenten contra os seus dereitos.[5]

Os principais obxectivos son:

  • Impulsar a plena efectividade da igualdade xurídica das mulleres.
  • Profundar no coñecemento do diereito desde unha perspectiva de xénero.
  • Promover a liberdade e igualdade das mulleres en todos os ámbitos: xurídico, político, económico, social e cultural.

Para conseguir estes obxectivos, Themis desenvolve diversas actividades en varios ámbitos de actuación, destacando a asesoría e os programas de asistencia xurídica gratuíta para mulleres, así como a formación xurídica e informes e publicacións.

Ademais da Asociación, no ano 2006 constituíuse a Fundación Themis de Mujeres Juristas, co obxecto de chegar a uns fins de asistencia social e cooperación para o desenvolvemento.

Logros conseguidos[editar | editar a fonte]

En 1995, Themis foi unha das propulsoras da modificación lexislativa da introdución do delito de abandono de familia por falta de pagamento de pensións establecido no artigo 487 bis do Código Penal vixente até ese momento. A partir de aquí considerouse como un delito independente do xenérico chamado abandono de familia.

Doutra banda, a comisión de seguimento da implantación da orde de protección das vítimas de violencia doméstica do Congreso dos Deputados modificou a solicitude de Orde de Protección, tendo en conta determinadas propostas realizadas por Themis no ano 2006.

A fundadora da asociación foi convidada a informar o Senado en 1988 sobre a desprotección que as mulleres vítimas de violencia de xénero sufrían fronte á lei española, comezando, desta forma, a visibilizar os malos tratos que as mulleres padecían así como a esixir aos poderes públicos unha protección integral para as vítimas.[2]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

A asociación, foi premiada en 1999 coa Cruz de Plata de la Orden Civil de la Solidaridad Social do Ministerio de Trabajo.[6]

En 2007 recibiu o recoñecemento que outorga en Ministerio o 25 de novembro con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.[7]

Con motivo do día da muller traballadora en 2015 recibiu o Premio Dulce Chacón outorgado pola Federación de Mujeres Progresistas de Torrelodones[8]

En novembro de 2016 recibiu o Premio "Móstoles Ciudad contra la Violencia de Género"[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]