Asociación Club Xeitu de la Montaña Occidental Astur-Leonesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Asociación Cultural Club Xeitu de la Montaña Asturleonesa é unha asociación cultural dedicada ao estudo, a protección e a divulgación da cultura e o patrimonio histórico, documental, antropolóxico, gráfico, folclórico e natural dos vales occidentais da montaña leonesa e asturiana, especialmente o val de Laciana en León[1]. A presidenta honorífica da asociación é María Luisa Jorissen García e a asociación ten a súa sede no concello de Villablino (León).

Historia[editar | editar a fonte]

A asociación nace en 1999[2] fundada por unha serie de persoas ligadas ao val de Laciana en León, que desexaban divulgar a cultura tradicional así como tamén o patrimonio histórico e natural da Laciana e os vales veciños da montaña asturleonesa que comparten o dialecto pachuezo como fala propia, como son as bisbarras leonesas de Babia, Luna, Ribas de Sil, e as bisbarras asturianas de Degaña e o Alto Narcea[3]. Aínda que a asociación estuda e divulga todo tipo de temas relacionados con Laciana e os vales veciños esta asociación destaca pola defensa, o estudo e a divulgación da variante local da lingua asturleonesa chamada pachuezo.

Logotipo[editar | editar a fonte]

O logotipo da asociación é o Nacissus pseudonarcissus, unha planta común en todo o norte cantábrico español, e que é coñecida na Laciana e nos vales lindeiros co nome de "gritsándana". Esta planta está bastante estendida no val de Laciana e nos vales veciños, e por esta razón, a asociación decidiu adoptala como símbolo propio[2].

Actividade[editar | editar a fonte]

A asociación dispón dun boletín periódico chamado Xeitu no que afonda naqueles temas de tipo cultural, folclórico, medioambiental, histórico, lingüístico e arquitectónico relacionados cos vales da montaña occidental asturleonesa.

Unha das principais actividades da asociación é a publicación de libros de temática diversa: dicionarios de pachuezo-castelán, guías de flores silvestres dos vales da montaña occidental asturleonesa, biografías de personaxes locais, historia local, discos de homenaxe[4] etc[5][6][7][8][9].

A actividade principal da asociación é o estudo e a divulgación da variedade local da lingua asturleonesa chamada pachuezo. A asociación celebra de xeito anual dende o ano 2009 un certame literario chamado Certame Literario Guzman Álvarez[10] e tamén organiza dende o 2011 un concurso de recollida de toponimia tradicional chamado Concha Lama[11]. De feito, publicou un dicionario de pachuezo, que foi recompilado por Manuel Gancedo en 2013[12]. A asociación tamén celebra recitais de poesía en pachuezo, homenaxes ás figuras importantes da cultural local desas bisbarras leonesas e asturianas (como as homenaxes a Isabel Alvarez[13], Melchor R. Cosmen e Fernando Mayán) e charlas e exposicións de temas diversos relacionados cos vales da montaña occidental asturleonesa.

A asociación denunciou publicamente o mal estado de conservación de fitos históricos e naturais así como o dano aos espazos naturais ou xacementos históricos. Por exemplo a asociación denunciou o mal estado de conservación da pedra furada de Carrasconte[14] ou o achado nun vertedoiro dunha placa commemorativa dos 100 anos de Sierra-Pambley.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fines y objetivos". www.xeitu.es. Consultado o 2020-01-12. 
  2. 2,0 2,1 "Historia". www.xeitu.es. Consultado o 2020-01-12. 
  3. "Concursos de recogida de toponimia en Cangas del Narcea y Degaña, entre otros municipos. De acebo y jara" (en castelán). Consultado o 2020-01-12. 
  4. "El Club Xeitu graba un disco basado en la obra de Melchor Rodríguez Cosmen". Diario de León (en castelán). Consultado o 2020-01-12. 
  5. "El Club Xeitu edita 'Vida y milagros de San Justo del Villar'". ileon (en castelán). 2013-12-10. Consultado o 2020-01-12. 
  6. http://www.asturnews.com/index2008.php?idn=12156[Ligazón morta]
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2014. 
  8. "Juan Alvarado y Albó (i): otro desconocido defensor de lo rural.". La nuestra tierra (en castelán). 2014-04-10. Consultado o 2020-01-12. 
  9. "2009Presentacion Riello Madrid". xeitu.es. Consultado o 2020-01-12. 
  10. "Club Xeitu convoca el tercer certamen literario en patsuezu". Diario de León (en castelán). Consultado o 2020-01-12. 
  11. "Club Xeitu". Tierra alantre, la mesma fala. Consultado o 2020-01-12. 
  12. "2013 Xeitu publica 'Tseite, tsinu, tsume, tsana' de Manuel Gancedo". xeitu.es. Consultado o 2020-01-12. 
  13. "Eduardo Carbajo en el homenaje del Club Xeitu a su madre Isabel Álvarez". Consultado o 2020-01-12. 
  14. "El Club Xeitu solicita medidas de protección urgente para la 'piedra furada' de Carrasconte". www.leonoticias.com. Consultado o 2020-01-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Páxina Web da Asociación Club Xeitu