Asghar Leghari vs. Federación de Paquistán
Asghar Leghari vs. Federación de Paquistán foi un caso de 2015 do Tribunal Superior de Lahore que ditaminou que o goberno estaba a violar a Política Nacional de Cambio Climático de 2012 e o Marco para a Aplicación da Política de Cambio Climático (2014-2030) ao non cumprir cos obxectivos establecidos polas políticas. En resposta, requiriuse a formación dunha Comisión de Cambio Climático para axudar a Paquistán a cumprir os seus obxectivos climáticos.[1]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Asghar Leghari, estudante de dereito na rexión de Punjab de Paquistán, tiña os seus cultivos e os dos seus veciños ameazados pola escaseza de auga e as tormentas que se intensificaron polo cambio climático. Presentou unha petición dicindo que os seus dereitos fundamentais foron violados polo descoido da política de cambio climático.[1]
Escribiu que o goberno mostrara "inacción, demora e falta de seriedade" ante os desafíos que expón o cambio climático. Leghari pensou que esta inacción ameazaba a seguridade alimentaria, hídrica e enerxética da nación.[2]
Anteriormente, a política de cambio climático deixábase ás provincias individuais. Con todo, un estudo da Universidade de Ciencias da Xestión de Lahore e o WWF atopou que ningunha provincia tiña unha política en vigor.[3]
Decisión
[editar | editar a fonte]Ditaminouse que o goberno necesitaba facer cumprir a política de 2012. O xuíz Syed Mansoor Ali Shah, do Tribunal Superior, dixo que o cambio climático "parece ser a ameaza máis grave que enfronta Paquistán". O xuíz requiriu que todos os departamentos designasen a unha persoa para garantir que as políticas se aplicaran e crear unha lista de "puntos de acción" antes do 31 de decembro de 2015.[4][5]
A decisión tamén creou unha Comisión de Cambio Climático, integrada por ONG, expertos técnicos e representantes dos ministerios para facer un seguimento do progreso do goberno.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gill, Anam (13 de novembro de 2015). "Farmer sues Pakistan's government to demand action on climate change" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2021.
- ↑ Estrin, David (2016). "THE DEVELOPING ROLE OF DOMESTIC COURTS IN STATE CLIMATE RESPONSIBILITIES": 14–16.
- ↑ Alam, Ahmad Rafay (25 de setembro de 2015). "Pakistan court orders government to enforce climate law" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Sterman, David. "Pakistani Court Orders Climate Law Enforcement; US Reviews Afghan Withdrawal Plans; Modi Dines With Fortune 500 CEOs" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Leghari v. Federation of Pakistan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 21 de abril de 2021.