Saltar ao contido

As Meninas (Picasso)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Meninas
 Instancia de
Características
 Representa a
 Colección
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1957 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gxzbh7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

As Meninas é unha serie de 58 cadros que Pablo Picasso pintou en 1957 facendo unha análise polo miúdo, reinterpretando e recreando varias veces As Meninas de Diego Velázquez. A suite consérvase na súa totalidade no Museo Picasso de Barcelona,[1] sendo a única serie completa do artista que se conserva xunta. Trátase dun estudo de obra moi extenso, que consta de 45 interpretacións, 9 escenes dun pombeiro, 3 paisaxes e 1 Retrato de Jacqueline.[2]

O propio Picasso concibía a serie toda coma un conxunto, e como tal doouna ó museo barcelonés en maio de 1968, en lembranza de Jaume Sabartés, morto ese mesmo ano. É famosa a frase de Picasso dita a Sabartés en 1950:[3]

Se alguén se puxer a copiar As Meninas, totalmente con boa fe, ao chegar a certo punto e se o que as copiar for eu, diría: E se puxer esta un pouquiño máis á dereita ou á esquerda? Eu probaría a facelo á miña maneira, esquecéndome de Velázquez.
Picasso, 1950
  1. Museo Picasso (ed.). "Fitxa de l'obra al web del museu" (PDF). Consultado o 2 de maio de 2011.
  2. Brown 1996, p. 137.
  3. A frase foi dita durante unha conversa sobre arte e foi recollida no libre L'Atelier de Picasso, publicado en 1952

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]