Artigo enciclopédico
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Artigo.
Un artigo enciclopédico é un texto escrito, de carácter informativo, destinado a explicar un concepto segundo patróns descritivos sistemáticos, determinados pola obra de referencia da cal fai parte: como nun dicionario ou unha enciclopedia. O artigo está esencialmente destinado á consulta e aborda conceptos ben estabelecidos nalgún paradigma académico ou científico, no canto de entrar en polémicas referentes a categorías teóricas discutíbeis.