Arquieparquía católica maronita de Haifa e Terra Santa
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito | Distrito de Haifa (pt) | |||
Subdistrito | Haifa Subdistrict (en) | |||
Cidade | Haifa (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 7.602.400 (362,17 hab./km²) | |||
Lingua usada | Lingua siríaca | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 20.991 km² | |||
Creación | 8 de xuño de 1996 | |||
Catedral | St. Louis the King Cathedral, Haifa (en) | |||
A arquieparquía de Haifa e Terra Santa (latín: Archieparchia Ptolemaidensis Maronitarum in Terra Sancta) é unha sé da Igrexa Católica inmediatamente suxeita ó Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2009 contaba con 7.000 bautizados. O seu arcebispo actual é o antoniano Musa al-Hax.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Maronita que viven en Israel. A sé arcebispal é a cidade de Haifa, onde está a catedral de San Lois Rei. O territorio está organizado en 6 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A arquieparquía foi erixida o 8 de xuño de 1996, en territorios da arquieparquía de Tiro, e con xurisdición sobre todo Israel, Palestina, Xordania e a cidade de Xerusalén.
O 5 de outubro do mesmo ano cedeu parte do seu territorio para erixir os exarcados patriarcais de Xerusalén e Palestina e de Xordania, que até agora están unidos in persona episcopi á arquieparquía.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Bulus Nabil al-Saya (5 de outubro de 1996 - 6 de xuño de 2011 nomeado arcebispo da curia patriarcal de Antioquía)[1]
- Musa al-Hax (16 de xuño de 2012 - actualidade)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sala Stampa della Santa Sede, ed. (25 de xuño de 2011). "DALLE CHIESE ORIENTALI". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0396).
- ↑ Sala Stampa della Santa Sede, ed. (16 de xuño de 2012). "DALLE CHIESE ORIENTALI". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0359).