Armaxedón (xadrez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha partida de xadrez armaxedón, tamén coñecida como morte súbita, é na que, xeralmente en modo lóstrego (cinco minutos por xogador para toda a partida), quen xoga coas pezas brancas dispón de máis tempo para realizar as súas xogadas. Porén, ten a obriga a gañar a partida, mentres que quen xoga coas pezas negras obtén a vitoria en caso de táboas.[1] Este tipo de partida adoita utilizarse como desempate definitivo cando todos os intentos previos resultaron insuficientes.[2]

Entre os torneos que empregan este sistema de desempate destacan os realizados mediante encontros individuais ou por eliminación directa, como os campionatos mundiais. O desempate por armaxedón estipulouse como último recurso a partir dos encontros do Mundial de xadrez de 2006.

En 2016 propúxose un nome distinto, ao disputarse o campionato mundial con esta cláusula. Alberto Paglilla, xornalista de xadrez italo-arxentino, ideou o "minuto d'oro".[3] Argumentou que a diferenza dun minuto nunha partida lóstrego, ben sexa de máis ou de menos, é valiosa e enorme. Por contra, "armaxedón" é máis afastado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perdomo, Leandro. "Reglas de desempate en ajedrez". The Zugzwang Blog (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2022. 
  2. "Armagedón". Chess.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2022. Consultado o 15 de novembro de 2022. 
  3. "¿Que es el Armagedón en el ajedrez". Chess.com. Consultado o 15 de novembro de 2022. 

Ver tamén[editar | editar a fonte]