Aristón de Esparta
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI a. C. Esparta |
| Morte | década de 510 a. C. |
| Reis de Esparta | |
| 560 a. C. – 510 a. C. | |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Período | Antigüidade clásica |
| Familia | |
| Familia | Euripóntidas |
| Fillos | Demarato |
| Pai | Agásicles |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology |
Aristón (en grego Ἀρίστων Aristón ) foi rei de Esparta (-560 ata o -510). Era o décimo cuarto dos euripontidas. Fillo de Agasicles e contemporáneo de Anaxandridas II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subiu ao trono arredor do -560 e reinou durante cincuenta anos e á súa morte foi recoñecido como un bo rei. Casou tres veces, pero as dúas primeiras mulleres eran estériles e a xente fíxolle rogativas para que tivese un fillo. Da terceira muller tivo a Demarato, aínda que xurdiron dúbidas sobre quen era o pai[1].