Arinnanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arinnanda era un monte situado nalgunha illa en fronte de Apasa (Éfeso). Alí fixéronse fortes os opositores á conquista hitita de Arzawa (sobre -1325/-1315). Como non se podían usar carros, a infantería hitita subiu as primeiras estivacións da montaña e bloqueou aos que resistían na zona máis inaccesíbel; estes, sen comida nin auga, entregáronse en poucos días. Mursilis II di que fixo máis de quince mil prisioneiros.