Ariel (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ariel 5»)

Ariel foi unha serie de seis satélites artificiais colaboración entre Reino Unido e Estados Unidos para estudar a atmosfera superior e os fenómenos de altas enerxías.[1]

Ariel 1 e 2[editar | editar a fonte]

Foron lanzados o 26 de abril de 1962 e o 27 de marzo de 1964 respectivamente, un mediante un foguete Delta e o outro mediante un Scout X-3. Ariel 1 tiña forma de cilindro de 62 kg e 58 cm de diámetro, cunha altura de 22 cm, e a súa misión foi estudar a ionosfera e a súa relación coa actividade solar. Funcionou ata o 9 de xullo de 1962. Ariel 2 levaba tres experimentos a bordo para medir as ondas de radio galácticas.[1][2]

Ariel 3 e 4[editar | editar a fonte]

Foron lanzados o 5 de maio de 1967 (mediante un Scout A) e o 11 de decembro de 1971 (usando un Scout B1) respectivamente. Ariel 3 levaba cinco experimentos a bordo e tiña forma de prisma de doce lados e 57 cm de altura cun diámetro de 69,6 cm. Ariel 4 foi lanzado para estudar a interacción entre ondas electromagnéticas, plasmas e partículas enerxéticas coa ionosfera.[1][3]

Ariel 5[editar | editar a fonte]

Ariel 5 foi lanzado o 15 de outubro de 1974 mediante un Scout B1 con seis experimentos a bordo para estudar os raios X de orixe astronómica.[1][4]

Ariel 6[editar | editar a fonte]

Ariel 6 foi lanzado o 2 de xuño de 1979 mediante un Scout D1. Levaba instrumentos a bordo para estudar raios X e raios cósmicos.[1][5]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
Ariel 1 26 de abril de 1962 Delta Éxito
Ariel 2 27 de marzo de 1964 Scout X-3 Éxito
Ariel 3 5 de maio de 1967 Scout A Éxito
Ariel 4 11 de decembro de 1971 Scout B1 Éxito
Ariel 5 15 de outubro de 1974 Scout B1 Éxito
Ariel 6 2 de xuño de 1979 Scout D1 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2022). "Ariel" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Ariel 1, 2 (UK 1, 2)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Ariel 3, 4 (UK 3, 4)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Ariel 5 (UK 5)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Ariel 6 (UK 6)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]