Argentina Rubiera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Argentina Rubiera
Argentina Rubiera.jpg
Nome completoArgentina Rubiera Solares
Nacemento11 de febreiro de 1914
 Langreu
Falecemento30 de abril de 2007
 Xixón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
FillosMaría José Ramos Rubiera
editar datos en Wikidata ]

Argentina Rubiera Solares, nada en Langreu o 11 de febreiro de 1914 e finada en Xixón o 30 de abril de 2007, foi militante da organización clandestina do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e das Mocidades Socialistas Unificadas (JSU) en Asturias. Nai de María José Ramos Rubiera, quen foi conselleira do Goberno do Principado de Asturias entre 1999 e 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliada ás Mocidades Socialistas de Sama de Langreu (Asturias) e presidenta do Grupo Feminino de devandita localidade durante a Segunda República. Secretaria das Mocidades Unificadas en 1936. Ó caer Asturias en outubro de 1937 foi detida, internada no cárcere Modelo de Oviedo o 11 de novembro e condenada a 30 anos de reclusión o 18 de decembro de 1937. Pasou tamén polos cárceres de Saturrarán (Guipúscoa) e Palma de Mallorca (Baleares) de onde saíu en liberdade condicional o 5 de xullo de 1941 con pena de desterro que cumpriu xunto co seu marido Aquilino Ramos Fernández en Almagro (Cidade Real). En outubro de 1943 regresou a Sama onde estabeleceu un pequeno comercio de comestibles mantendo contacto coa organización socialista clandestina. Faleceu en Xixón (Asturias) o 30 de abril de 2007.[1]

En xaneiro de 2015 inaugurouse un parque que leva o seu nome en Sama de Langreu.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tiempos Heroicos: Diccionario Biografico del Socialismo Asturiano. KRK EDICIONES. 
  2. M. (18 de xaneiro de 2015). "Langreo rinde homenaje a Argentina Rubiera, "ejemplo de integridad y valentía"". La Nueva España. Consultado o 19 de marzo de 2015.