Saltar ao contido

Araceli Sánchez Urquijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAraceli Sánchez Urquijo
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor en Wikidata
Sestao, España Editar o valor en Wikidata
Morte2010 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Cabuérniga, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Power Engineering Institute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira civil, enxeñeira Editar o valor en Wikidata

Araceli Sánchez Urquijo nada en Sestao en 1920 e finada en Cabuérniga en 2010, foi a primeira muller en traballar como Enxeñeira de Camiños en España en 1957.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Araceli Sánchez Urquijo foi unha dos nenos evacuados ao estranxeiro para salvalos dos perigos e as privacións da guerra mentres as tropas franquistas invadían as súas zonas de orixe.[2] Estes nenos coñecidos como os Nenos de Rusia, foron acollidos e ben atendidos en Rusia, vivindo nas Casas de Nenos. Educóuselles maioritariamente en español e ensinóuselles a apreciar a cultura española, pero utilizando o método soviético. Algúns dos nenos foron animados a aprender a falar ruso, pero non todos o aprenderon.[3][4] A presenza dos nenos foi vista pola Unión Soviética como unha forma de apoiar publicamente á futura república socialista española que esperaban que xurdise da Guerra Civil, coidando da seguinte xeración da súa elite política[3].

Araceli Sánchez Urquijo instalouse nunha Casa de Nenos en Leningrado e quedou impresionada pola cantidade de xoguetes dispoñibles, pero aínda máis pola duración dos días debido á latitude setentrional da cidade. Posteriormente lembrou os seus primeiros anos en Rusia como os máis felices da súa vida.[4] Co inicio da segunda guerra mundial pecháronse as casas para nenos, que foron trasladados a aloxamentos máis parecidos a barracóns e integráronse nas escolas soviéticas. A invasión do exército nazi puxo en perigo aos nenos españois, que sufriron dificultades e privacións extremas xunto á poboación soviética en xeral. Desde finais da década de 1930 pediuse a repatriación dos nenos á España franquista. Non se lles permitiu regresar a España, xa que as relacións diplomáticas entre ambos os países afundíronse coa guerra, a pesar de que o líder soviético José Stalin consideraba agora embarazosa a presenza dos nenos[5]. Tras a segunda guerra mundial, a maioría dos Nenos de Rusia sobreviventes instaláronse en Moscova ou nos seus arredores.[4] Araceli Sánchez Urquijo foi unha dos 23 españois (entre eles 5 mulleres) que formaron parte dos primeiros 45 enxeñeiros hidroeléctricos na Universidade de Moscova[2].

Araceli Sánchez Urquijo licenciouse como enxeñeira civil en obras hidráulicas polo Instituto Enerxético de Moscova en 1949. Comezou a exercer como enxeñeira en Uzbekistán . Durante cinco anos traballou en Asia Central construíndo centrais hidroeléctricas e liñas eléctricas. Houbo un acordo para recoñecer os títulos soviéticos dos Nenos de Rusia exiliados durante a Guerra Civil Española . A finais de 1956, Araceli Sánchez Urquijo regresou a España. En 1957 comezou a traballar na empresa Isodel de Madrid, onde traballou ata a súa xubilación en 1987. [6]

  1. La presencia de la mujer en Ingeniería Civil en cifras Revista de Obras Públicas Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine. Consulta 6 de marzo de 2019
  2. 2,0 2,1 "Tras la pista de Araceli Sánchez Urquijo". not only bridges. Consultado o 2021-12-08. 
  3. 3,0 3,1 Castillo Rodríguez, Susana. "Memoria, educación e historia: el caso de los niños españoles evacuados a la Unión Soviética durante la Guerra Civil española." (2000).[1]
  4. 4,0 4,1 4,2 Qualls, Karl D. (2020). Stalin's Ninos: Educating Spanish Civil War Refugee Children in the Soviet Union, 1937?1951 (en inglés). University of Toronto Press. ISBN 978-1-4875-2275-9. 
  5. Honeck, Mischa; Marten, James (2019-02-21). War and Childhood in the Era of the Two World Wars (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-62576-0. 
  6. El ingeniero Sánchez: mujer y comunista Hemeroteca de El País Consulta 6 de marzo de 2019