Apupo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para a cuncha, véxase Bucina.

Un apupo nun acontecemento deportivo.

O apupo ou apupada[1] é unha forma de demostrar desconformidade por alguén ou algo, xeralmente a un artista ou deportista, ao berrarlle "bu!" ou facendo sons de facer xestos coas mans cara ao artista, como baixar os polgares. En particular, se aos espectadores lles desgusta a presentación, tamén poden acompañar o seu apupo lanzando obxectos (tradicionalmente froita podrecida ou vexetais) ao escenario, aínda que os obxectos poden non ter a intención de ferir ao artista.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • En deportes, o apupo por parte dos fanáticos é completamente común. Poden apupar a xogadores particularmente odiados do equipo contrario, ou calquera xogador contrario cando existe unha intensa rivalidade entre equipos. A conduta anti-deportiva tamén pode ser apupada, como golpear intencionalmente a un xogador local ou finxir unha falta en fútbol ou en básquet (onde é unha falta técnica). Apupar a un árbitro despois dunha arbitraxe non popular tamén é común. Apupar a xogadores expulsados despois de recibir un segundo cartón amarelo ou un cartón vermello directo tamén é común por moitas razóns.
  • En deportes profesionais, o equipo propio, xogadores ou adestrador poden ser apupados por mor do pobre rendemento ou tempada.

Notas[editar | editar a fonte]