Apollo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apollo program insignia.png
Apollo 4
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 4
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 9 de novembro de 1967
12:00:01 UTC
Amaraxe: 9 de novembro de 1967
20:37:00 UTC
30°06′N 172°32′O / 30.100, -172.533
Duración: 8 h 36 m 59 s
Número de órbitas: 3
Apoxeo: 188 km (min.)
18.092 km (max)
Perixeo: 183 km (inicial)
-74.1 km (órbita final)
Período: 88.3 m
Inclinación orbital: 32.6°
Masa: Total 73731 kg
Foto da tripulación
Misión non tripulada
Misión non tripulada
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 1 Apollo 5

O Apollo 4 (tamén coñecido como Apolo-Saturno 501 e AS-501), foi o primeiro voo proba sen tripulación do programa Apolo, que tivo lugar o 9 de novembro de 1967 e que usou un lanzador Saturno V como vehículo impulsor,[1] cuxa terceira fase ía ser posta en marcha, despois de permanecer parada en órbita de aparcamento e ingravidez, para conducir a nave espacial a un punto máximo de afastamento da Terra de 18 340 km. Activouse entón o motor do módulo de mando para que a cápsula alcanzase ao regresar unha velocidade de 40 000 km/h, a mesma que debería levar ao penetrar na atmosfera terrestre e probar os sistemas de protección térmico. O voo foi un éxito técnico.[2]

Este voo debía ser o primeiro lanzamento tripulado, estando previsto o seu lanzamento o 21 de febreiro de 1967.

O 27 de xaneiro de 1967, durante unhas probas simuladas de lanzamento a bordo dun Saturno IB, produciuse un incendio na cápsula de mando no cal pereceron queimados os tripulantes Virgil Grissom (comandante da nave), Edward White e o doutor Roger Chaffee.

O incendio, acaecido cando apenas quedaban 10 minutos para finalizar a conta atrás e tras un simulacro real de 5 horas e 45 minutos, debeuse posiblemente a un curtocircuíto que inflamou a atmosfera de osíxeno puro ao 100%, que unido ao deficiente illamento dos cables, ás tubaxes mal deseñadas e protexidas, a falta de sistemas de evacuación de emerxencia, así como á carencia de sistemas antiincendios e de asistencia de urxencia, produciron a morte dos tripulantes por asfixia.

Na primavera de 1967 a NASA anunciou que a desafortunada misión Apolo IV pasaría a chamarse Apolo 1, que non habería Apolo 2 nin Apolo 3, e que o primeiro lanzamento do Saturno V programado para novembro de 1967 sería coñecido como Apolo 4, e o seguinte sería o Apollo 5 coa misión SA-204.

Apolo 4 na plataforma do Complexo de Lanzamento 39 do Centro Espacial Kennedy, o 9 de novembro de 1967.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]