Apolinar Pastor Abal Cobas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaApolinar Pastor Abal Cobas
Biografía
Nacemento1853 Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1932 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Apolinar Pastor Abal Cobas, nado en 1853 e finado en Pontevedra a principios de outubro de 1932,[1] foi un mestre e escritor galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deu clase na escola anexa á Escola Normal de Pontevedra. En 1908, cando xa tiña 20 anos de experiencia como docente, aspirou a unha praza de mestre en Luarca.[3] Xubilouse como mestre da escola graduada anexa a Normal en 1923, ao facer 70 anos.[4]

En 1888 publicou a obra Higiene de la vista en las escuelas, discurso dado o 25 de novembro dese ano na conferencia organizada pola Sociedad Pedagógica de Maestros de Pontevedra, e impresa por Viuda e Hijos de José M. Madrigal.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con Laura Paz Rodríguez en 1895,[5] e foi pai de Julia Abal Paz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 5-10-1932, p. 2.
  2. Couceiro Freijomil, A. (1951). "ABAL, Apolinar Pastor". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 1. 
  3. Gaceta de Instrucción Pública y Bellas Artes nº 874, 10 de xuño de 1908.
  4. El Progreso, 27-11-1923, p. 2.
  5. La Tierra Gallega, 5-5-1895, p. 6.