Aplodactílidos
Aparencia
(Redirección desde «Aplodactylidae»)
Os aplodactílidos (Aplodactylidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes, da superfamilia Cirrhitoidea. Reciben o nome do grego haploos, simple, e daktylos, dedos.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Na aleta dorsal, única, presentan de 14 a 23 raios espiñosos e 16 a 21 raios brandos; na anal, 3 espiñas e 6 a 8 raios brandos. Posúen dentes mandibulares diferenciados: incisivos, lanceolados e tricúspides, e tamén dentes no vómer.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúense polas costas do Perú, Chile, Nova Zelandia e sueste de Australia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente dividíanse en 2 xéneros, Aplodactylus e Crinodus, pero o segundo foi englobado no primeiro. Comprenden seis especies:
- Aplodactylus arctidens, Richardson 1839
- Aplodactylus etheridgii, Ogilby 1889
- Aplodactylus guttatus, Guichenot 1848
- Aplodactylus lophodon, Günther 1859 (antes Crinodus lophodon)
- Aplodactylus punctatus, Valenciennes 1832
- Aplodactylus westralis, Russell 1987