Apagamento da Wikipedia en inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sue Gardner nunha reunión da Fundación Wikimedia discutindo o apagamento da Wikipedia en inglés a noite do 17 de xaneiro.
Unha das páxinas propostas para mostrar o día 18.
Outra versión da páxina proposta para mostrar o día 18.

O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A decisión foi tomada do día 16 de xaneiro de 2012 pola Fundación Wikimedia, que anunciou unha protesta contra a Stop Online Piracy Act (SOPA) e PROTECT IP Act (PIPA).[1]

A páxina tamén tivo o apoio doutras fundacións en Internet.[2][3][4]

Outras versións da Wikipedia, incluso doutros proxectos de Wikimedia, entre eles Wikimedia Commons, tamén se adheriron á protesta, coa colocación dun cartel de fondo negro.

O presidente da Motion Picture Association of America acusou de "abuso de poder" a todos os sitios que participaron no apagamento.[Cómpre referencia]

Ao día seguinte do apagamento, o sitio web Zscaler analizou o tráfico do día e informou de que a pesar de que as páxinas non estaban dispoñibles o sitio web rexistrou un número considerable de accesos. A hipótese é que as persoas tentaron acceder á Wikipedia por curiosidade, debido á gran difusión da campaña.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davies, Lizzy. "Wikipedia begins blackout in protest against US anti-piracy laws". the Guardian. Consultado o 2015-12-15. 
  2. Taylor, Jerome (17 de xaneiro de 2012). "Why I want to bring down the internet – for a day". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  3. "Rupert Murdoch Sopa attack rebuffed by Google". BBC News. 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  4. Rushe, Dominic (17 de xaneiro de 2012). "Twitter boss slams Wikipedia's 'silly' Sopa protest". The Guardian. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]