Anuna De Wever

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnuna De Wever

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 2001 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Mortsel, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMortsel (pt) Traducir
Berchem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Educaciónroyal atheneum of Mortsel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista climático Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoEcoloxismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisHardwin De Wever Editar o valor em Wikidata  e Katrien Van der Heyden Editar o valor em Wikidata

Facebook: anuna.dewever Twitter: AnunaDe Instagram: anuna_dewever Editar o valor em Wikidata

Anuna De Wever, nada en Mortsel o 16 de xuño de 2001, é unha estudante e activista polo clima belga. É unha das principais figuras do movemento de mocidade polo clima en Bélxica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto a Kyra Gantois e Adélaïde Charlier, De Wever converteuse nunha das principais figuras do movemento da mocidade polo clima en Bélxica.[2] Como resultado, entre os meses de febreiro e maio de 2019, escribiu unha columna semanal na revista HUMO.[3]

En outubro de 2019, De Wever foi unha das activistas climáticas máis novas en viaxar no transatlántico baixo en carbono Regina Maris con rumbo á Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2019 en Santiago, Chile, aínda que posteriormente desenvolveuse en Madrid, España.[4][5]

Despois das folgas escolares en Bélxica, o ministro flamengo de Medio Ambiente de centro dereita, Joke Schauvliege, viuse obrigado a dimitir, tras afirmar que o Servizo de Seguridade do Estado tiña información de que detrás da folga climática había unha organización política.[6][7]

As diferenzas persoais no seo do movemento da mocidade polo clima en Bélxica provocaron a marcha da cofundadora Kyra Gantois en agosto de 2019.[8]

A notoriedade que adquiriu De Wever a través das folgas escolares levárona a ser o branco da extrema dereita con episodios como o lanzamento de botellas con ouriños durante o festival de música Pukkelpop, no que ademais se asaltaron varias tendas de campaña durante a noite para tentar localizala.[9] A política do mozos implicados estaba simbolizada polo uso dunha variante da bandeira de Flandres que exclúe todos os elementos vermellos.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En maio de 2019, De Wever e Kyra Gantois recibiron conxuntamente o Premio Ark da Palabra Libre.[11] Uns meses despois, en setembro do mesmo ano, De Wever e Adélaïde Charlier recibiron o Premio Embaixador de Conciencia de Amnistía Internacional en Bélxica en nome do movemento da mocidade polo clima.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez, Álvaro (15 de febreiro de 2019). "La adolescente que levanta a los institutos belgas contra el cambio climático". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  2. "Belgium climate protests". 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  3. "Alles over anuna de wever" (en neerlandés). Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  4. Jennifer Rankin (2 de outubro de 2019). "Activists set sail across the Atlantic to Chile to demand curbs on flying". The Guardian. 
  5. "Piñera anuncia que COP25 se hará en España en fecha agendada tras ofrecimiento de presidente Sánchez". 31 de outubro de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  6. Daniel Boffey (5 de febreiro de 2019). "Belgian minister resigns over school-strike conspiracy claims". The Guardian. 
  7. "Belgian minister Schauvliege resigns over 'school protest plot'". 6 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  8. Eline Bergmans (26 de agosto de 2019). "‘Het boterde al maanden niet meer tussen Anuna en mij’". De Standaard. 
  9. "Anuna De Wever harassed and threatened with death at Pukkelpop". The Brussels Times. 16 de agosto de 2019. 
  10. Michaël Torfs (17 de agosto de 2019). "Climate activist Anuna De Wever targeted in Pukkelpop incident, "black" Flemish lion flags seized". 
  11. "Anuna De Wever en Kyra Gantois ontvangen Arkprijs". Het Nieuwsblad. 30 de maio de 2019. 
  12. "The voices of Brussels’ Global Climate strike". The Brussels Times. 23 de setembro de 2019.