Antonio Serrano Pareja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Serrano Pareja
Nacemento1902
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento1982
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antonio Serrano Pareja, nado en Madrid en 1902 e finado en 1982, foi un xornalista, filatelista e escritor filatélico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Serrano naceu en Madrid, funcionario da Facenda e crítico cinematográfico das principais publicacións especializadas despois da guerra civil española, foi tamén correspondente en España de diversas revistas cinematográficas latinoamericanas. En 1950 fundou a revista Noche y Día que tivo unha vida de catro anos. Levou a sección filatélica da revista Diez Minutos. Escribiu a letra de dous chotis que dedicou á filatelia, El Filatelista e Marcha Filatélica, os cales musicados por José Luis Rico foron gravados en disco en 1977.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los sellos conmemorativos de España, 1969-1970
  • Los sellos conmemorativos de España, 1971-1972
  • Los sellos conmemorativos de España, 1973-1974
  • El arte de coleccionar sellos, (1973)
  • Las cajas de ahorros en sellos,(1974)
  • Las hojitas recuerdo y su temática filatélica, (1976)
  • Medio Siglo de Mercado Filatélico de la Plaza Mayor de Madrid, (1977)
  • Madrid, Plaza Mayor del Sello, (1978)
  • Coleccionismo de Sellos, (1979)