Antonio Guntín Dapena
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Guntín.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1905 Ferrol |
| Morte | 3 de xullo de 1935 Ferrol |
| Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
| Membro de | |
Antonio Guntín Dapena, nado en Ferrol cara a 1905 e finado na mesma cidade o 3 de xullo de 1935,[1] foi un sindicalista galego.
Traxectoaria
[editar | editar a fonte]Militante do Sindicato do Transporte da CNT de Ferrol, foi un dos creadores do Ateneo Cultural de Ferrol Viejo. Foi asasinado o 3 de xullo de 1935 no peirao de Concepción Arenal por Nicasio Pérez Rodríguez,[2] afiliado ás JONS e fillo de Nicasio Pérez Moreno, presidente da Asociación Patronal ferrolá, quen falecera en 1921 en atentado atribuído a militantes anarquistas no marco dunha folga dos traballadores portuarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un joven afiliado a la JONS mata de una cuchillada a un sindicalista". El Pueblo Gallego. 4 de xullo de 1935. p. 1.
- ↑ "El crimen del muelle de Concepción Arenal". El Pueblo Gallego. 5 de xullo de 1935. p. 9.