Antonio Catalán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Catalán
Nacemento25 de xuño de 1948
Lugar de nacementoCorella
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pública de Navarra
Ocupaciónempresario
PremiosMedalla de ouro ó mérito turístico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Catalán Díaz, nado en Corella (Navarra), o 25 de xuño de 1948, é un empresario navarro que logrou grandes éxitos no mundo da hostalería, creando dúas das cadeas hoteleiras de maior relevo en España: NH Hoteles e AC Hoteles.

Biografía[editar | editar a fonte]

Antonio Catalán é licenciado en Empresariais pola antiga "Escola de Comercio" da Universidade Pública de Navarra. Toda a súa carreira profesional posterior desenvolveuse no sector da hostalería. As súas primeiras andanzas no mundo económico foi tras dunha gasolineira propiedade do seu pai, levando a súa xestión económica.

Posteriormente, aos seus 29 anos levantou o seu primeiro hotel, o "Ciudad de Pamplona", base sobre a que se constituiría unha das cadeas hoteleiras de maior prestixio dentro do ámbito nacional e internacional: NH Hoteles.

En 1997, tras discrepancias coa administración do grupo, abandona NH vendendo tódalas súas participacións aos italianos, por un total de 12.000 millóns de pesetas (70 millóns de Euros). Despois aventurouse nun novo proxecto hoteleiro: AC Hoteles, unha cadea hoteleira composta na súa maioría por hoteis de 4 e 5 estrelas que son do 100% da propiedade da empresa matriz.

Controla o 65% do capital de AC Hoteles.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Araujo, Laureano (18 de xuño de 2018). "Antón Arias e Antonio Catalán, empresarios descontentos". Praza Pública. Consultado o 19 de xuño de 2018.