Antonio Álvarez Lamas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Lobeira, España |
| 1963 – decembro de 1982 (dimisión) ← Manuel Paz Paz | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Antonio Álvarez Lamas, nado en Lobeira, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de estudar no seminario, nos anos sesenta foi designado alcalde de Lobeira durante o franquismo. Labrego e gandeiro, participou no proxecto iniciado por Euloxio Gómez Franqueira[1], que logo daría orixe no económico a Coren e no político a Coalición Galega. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a lista da UCD e conseguiu a vitoria por unha corentena de votos, cos que puido ser investido alcalde. En decembro de 1982 presentou a súa renuncia como alcalde e concelleiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Álvarez Lamas" Arquivado 13 de setembro de 2016 en Wayback Machine., La Revista Coren, n.67, abril 2010., páx 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Manuel Paz Paz |
Alcalde de Lobeira 1963 - 1982 |
Sucesor: Manuel González Álvarez |