Anta de São Brissos
Aparencia
A Anta de São Brissos, construída entre o IV e o III milenio a.C., está situada na parroquia de Santiago do Escoural, no concello de Montemor-o-Novo.
O dolmen está actualmente transformado nunha pequena capela, que data do século XVII, polo que tamén se coñece como Anta de Nossa Senhora do Livramento ou Anta-Capela de Nossa Senhora do Livramento.
A anta-capela incorpora tres dos piares orixinais, así como parte da cuberta orixinal da cámara. O oco que miraba ao leste estaba cuberto.
Está clasificado polo IGESPAR.
É Monumento Nacional desde 1910.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anta de São Brissos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anta de São Brissos no WikiMapia
- Anta de São Brissos[Ligazón morta] na base de dados Ulysses da Direção-Geral do Património Cultural (en portugués)
- Anta de São Brissos no Megalithic Portal (en inglés)