Anna Fiodorovna Vólkova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anna Volkova»)
Anna Fiodorovna Vólkova
Nacemento1800
Falecemento1876
Lugar de falecementoSan Petersburgo
NacionalidadeImperio Ruso
Ocupaciónquímica
editar datos en Wikidata ]

Anna Fiodorovna Volkova (en alfabeto cirílico: Анна Фёдоровна Волкова), nada en 1800 e finada en 1876, foi unha química rusa que traballou principalmente con amidas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1860, formouse en química a través de conferencias públicas na Universidade de San Petersburgo. Foi a primeira muller en graduarse como química (1870), a primeira muller membro da Sociedade Química Rusa, a primeira muller rusa en publicar un traballo químico e considérase a primeira muller en publicar a súa propia investigación química a partir dun laboratorio de química moderna.[1]

Desde 1869 traballou no laboratorio de Alexander Nikolayevich Engelhardt. Deu cursos prácticos para alumnas en San Petersburgo baixo a tutela de Dmitri Mendeleiev. En 1870, foi a primeiro persoa en preparar ácido o-toluensulfónico puro e o seu cloruro de acilo e amida. Tamén foi a primeira en preparar fosfato de paratricresol, un compoñente importante dun plastificante, a partir de p-cresol.[2][3]

Entre 1870 e 1873, Volkova publicou aproximadamente dúas ducias de artigos na revista da Sociedade Química Rusa sobre as amidas dos ácidos sulfónicos aromáticos e algúns dos seus derivados.[4]

En 1871, Volkova presidiu unha sesión de química e presentou dous traballos no Terceiro Congreso de Naturalistas Rusos en Kíiv. Os compostos sintetizados por Volkova estaban entre os novos materiais preparados polos químicos rusos, que foron expostos na Exposición Industrial Mundial de Londres en 1876.

A pesar dunha carreira moi curta, rematada por unha enfermidade relacionada coa pobreza e unha morte prematura en 1876, Volkova levou a cabo unha notable cantidade de traballo sintético e foi moi apreciada polos seus colegas científicos.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O cráter Volkova en Venus leva o seu nome.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Creese, Mary R. S. (1998). "EARLY WOMEN CHEMISTS IN RUSSIA: ANNA VOLKOVA, IULIIA LERMONTOVA, AND NADEZHDA ZIBER-SHUMOVA" (PDF) (21): 19–20. 
  2. "Волкова Анна Федоровна". Great Soviet Encyclopedia (1969–1978, 3rd ed.). Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  3. Большая биографическая энциклопедия . 2009.
  4. "Волкова Анна Федоровна - это... Что такое Волкова Анна Федоровна?" (en ruso). Consultado o 2021-03-20. 
  5. http://www.scs.illinois.edu/~mainzv/HIST/bulletin_open_access/num21/num21%20p19-24.pdf
  6. http://acshist.scs.illinois.edu/bulletin_open_access/num21/num21%20p19-24.pdf