Anel de Claddagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anel de Claddagh.

O Anel de Claddagh é un anel tradicional irlandés entregado como símbolo de amizade ou como arra nupcial.

O anel foi diseñado e fabricado por primeira vez no pobo de Claddagh, Irlanda, no século XVII. Crese que o deseñador orixinal do anel foi Richard Joyce, natural de Galway.

O seu particular deseño, mostra dúas mans entrelazadas prendendo un corazón cunha coroa sobre elas. As mans simbolizan a amizade, o corazón o amor e a coroa a fidelidade. Antigamente era considerado, por quen o posuía, coma unha relíquia familiar legada de nais a fillas.

A expresión orixinal que acompañaba ao anel era Con estas mans entrégoche o meu corazón e coróoo co meu amor.

A través dos tempos o anel xerou multitude de lendas.

Actualmente converteuse nunha xoia popular, non só en Irlanda, se non en moitas partes do mundo.

O uso do anel é partícipe dun código específico dende antano e as súas distintas maneiras de usalo suxiren:

  • Na man dereita e o corazón mirando de cara a fóra - indica que a persoa non mantén ningunha relación.
  • Na man dereita e o corazón mirando de cara ao corpo - indica que a persoa está interesada en alguén.
  • Na man esquerda mirando de cara ao exterior - indica que a persoa está comprometida.
  • Na man esquerda mirando de cara ao corpo - indica que a persoa está casada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]