Andrea Tomé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Andrea Tomé Yáñez 25 de outubro de 1994 (29 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
Residencia | Londres |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Anorexia (pt) e automutilação (pt) |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Literatura xuvenil |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Andrea Tomé, nada en Ferrol[1] en 1994, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos dezanove anos (2013) gañou o premio Plataforma Neo de novela en español para xente moza escrita por xente moza, e como consecuencia publicou a súa primeira novela, Corazón de mariposa (2014). Esta obra estaba centrada na anorexia.
Graduada en filoloxía inglesa, estudou un mestrado en edición no Reino Unido[2]. Ten colaborado con webs de creatividade e narrativa de xente moza en inglés[3]. Mantén un proxecto literario feminista chamado Readinpink[4].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Vive en Londres[4] onde traballa nunha oficina[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- Corazón de mariposa (2014)
- Entre dos universos (2015)
- Desayuno en Júpiter (2017)
- El valle oscuro (2017)
- La luna en la puerta (2019), premio El Templo de las Mil Puertas
- La chica de hielo (2020)
- Kiss & Cry (2021).
- Lo que permanece (2022).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 De la Barrera, Elba (15/09/2021). "La ferrolana Andrea Tomé publica su séptima novela, abordando los abusos en el deporte". Quincemil (en castelán). Consultado o 2021-09-16.
- ↑ Moriones, Javier. "Entrevista a... Andrea Tomé". www.eltemplodelasmilpuertas.com (en inglés). Consultado o 2021-09-16.
- ↑ "Andrea Tomé". Fiction Express (en castelán). Consultado o 2021-09-16.
- ↑ 4,0 4,1 "¿Quiénes somos?". Read in Pink (en inglés). 2021-06-02. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-16.