Andrés Méndez Quintáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Méndez Quintáns
Biografía
NacementoLantaño, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1939 Editar o valor em Wikidata
Lantaño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Andrés Méndez Quintáns, nado en Lantaño (Portas) e finado no mesmo lugar o 24 de agosto de 1939, foi un médico, político e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Herdeiro do pazo de Lantaño, regalou unha campá para a igrexa de Lantaño en 1924.[1] Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1927.[2] Foi alcalde de Portas durante a Segunda República.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abriulle expediente o Tribunal de Responsabilidades Políticas.[4] Finou en Lantaño o 24 de agosto de 1939.[5]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Portas
 
1931 -1933
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Lantaño con Elisa Patiño Hermida, filla de Luis Patiño Muñoz, en marzo de 1939.[6] Elisa finou en Vigo o 23 de outubro de 1945.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia, 25-1-1924, p. 1.
  2. El Diario de Pontevedra, 21-5-1927, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 2-12-1932, p. 5.
  4. BOE, 21-4-1941, p. 1553.
  5. El Pueblo Gallego, 27-8-1939, p. 7.
  6. El Pueblo Gallego, 5-3-1939, p. 6.
  7. El Pueblo Gallego, 25-10-1945, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]