Andrés Amado Reygondaud
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1886 Alacant, España |
Morte | 7 de agosto de 1964 (77 anos) Madrid, España |
Ministro de Facenda | |
3 de outubro de 1936 – 9 de agosto de 1939 ← Enrique Ramos Ramos (pt) – José Larraz López (pt) → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Renovación Española 25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Renovación Española 5 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, avogado do estado |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
Premios | |
Andrés Amado Reygondaud de Villebardet, nado en Alacant o 14 de decembro de 1886 e finado en Madrid o 7 de agosto de 1964, foi un avogado e político español
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo carreira na Facenda Pública. Durante a ditadura de Primo de Rivera, con José Calvo Sotelo no Ministerio de Facenda, ocupou a Dirección Xeral do Timbre, formou parte da comisión negociadora do concerto coas provincias vascas e foi, segundo asegurou nunha ocasión o propio ministro, o "verdadeiro animador" da creación do Monopolio de Petróleos.
Na Segunda República figurou no círculo de íntimos amigos de Calvo Sotelo, xunto a Jorge Vigón, Pedro Sainz Rodríguez e José Ignacio Escobar. De feito, o líder da extrema dereita monárquica levouno ás Cortes en 1933 e 1936 pola provincia de Ourense, onde tiña o seu feudo electoral, primeiro por Renovación Española e despois polo Bloque Nacional. Amado defendeu no Parlamento republicano a xestión de Calvo Sotelo na Ditadura de Primo de Rivera e polemizou con Indalecio Prieto sobre temas financeiros.
Ao comezo da Guerra civil, dende outubro de 1936, presidiu a Comisión de Facenda da Xunta Técnica do Estado no bando franquista. Continuou despois no primeiro Goberno de Francisco Franco, constituído o 1 de febreiro de 1938. De feito, foi o único supervivente da Xunta Técnica que seguiu no executivo. Amado colaborou con Ramón Serrano Suñer, home forte da situación, na redacción do decreto que establecía a nova organización administrativa estatal en febreiro de 1938. Anos despois, Serrano Suñer recordaría como avogou ante Franco por Amado, e que debido á "independencia de carácter" do candidato a proposta no gustou ao ditador, quen "opuxo unha grande resistencia". Na defensa de Amado, Serrano alegou os servizos na Xunta Técnica do Estado -era o único dos seus integrantes cuxa xestión salvaba, pois consideraba ao resto como "persoas sen relevo nin mérito"-, a súa competencia "ben probada no Parlamento republicano", así como "a súa acrisolada honradez".
A mediados de 1938, pese á súa militancia monárquica e conservadora, opúxose a que os bens incautados pola República aos xesuítas lles foran devoltos antes da fin da guerra. Cando en maio de 1939 Franco cambiou de Goberno, había tempo que Amado xa non podía “convivir baixo o mesmo teito” con quen fora o seu inicial mentor no Goberno, Serrano Suñer: como monárquico, e o mesmo que os católicos, receaba do crecente poder da Falange, cuxo máximo dirixente era Serrano.
Predecesor: nova creación |
Ministro de Facenda 30 de xaneiro de 1938 - 9 de agosto de 1939 |
Sucesor: José Larraz López |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tusell, Javier (1992). Franco en la guerra civil: Una biografía política. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-648-X.
- Franco Salgado-Araujo, Francisco (1976). Mis conversaciones privadas con Franco. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-5625-1.
- Serrano Suñer, Ramón (1978). Memorias de Serrano Suñer. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-5635-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Ministerio de Facenda. Retrato de Amado Reygondaud