Saltar ao contido

Ana Rivera Chaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Rivera Chaves
Biografía
Nacemento24 de abril de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata

Ana Rivera Chaves, nada en Verín o 24 de abril de 1994, é unha xogadora de fútbol sala galega. Xoga de á-peche e o seu equipo actual é a Poio Pescamar FS da Primeira División de fútbol sala feminino de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na súa localidade natal deica os 13 anos cando marchou a Ourense para xogar co Ponte Ourense e alí permaneceu ata fichar polo AD Alcorcón FSF na tempada 2017-18 para volver a Galicia na tempada 2019-20 co Poio Pescamar FS.[1][2][3]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Debutou o 1 de outubro de 2019 coa selección española nun partido amigable contra Portugal, que se xogou no pavillón Carolina Marín de Huelva. Con anterioridade chamárana para adestrar coa selección.

  1. "Ana Rivera, primer fichaje de la AD Alcorcón FSF para la próxima temporada". AD Alcorcón FSF (en español). 16 de julio de 2016. Consultado o 1 de octubre de 2019. 
  2. "El Poio Pescamar ficha a la ala-pívot Ana Rivera Chaves". Pontevedra Viva (en español). 23 de julio de 2019. Consultado o 1 de octubre de 2019. 
  3. "El Poio Pescamar incorpora a la ala-pívot Ana Rivera". Faro de Vigo (en español). 24 de julio de 2019. Consultado o 1 de octubre de 2019.