Amur senza fin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amur senza fin
Ficha técnica
Título orixinalAmur senza fin
DirectorChristoph Schaub
ProdutorReto Schaerli
Lukas Hobi
GuiónSabine Pochhammer
IntérpretesRebecca Indermaur
Bruno Cathomas
Tonia Maria Zindel
Murali Perumal
MúsicaBalz Bachmann
FotografíaPierre Mennel
MontaxeGion-Reto Killias
DistribuidoraCinema Management Group
Estrea23 de setembro de 2018
OrixeSuíza Suíza
XéneroComedia e drama
Na rede
IMDB: tt8575408 Editar o valor em Wikidata

Amur senza fin é un filme suízo de 2018 dirixido por Christoph Schaub. É o primeiro filme rodado en lingua romanche e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno. Tamén foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Toronto antes de emitirse na televisión nacional suíza en setembro de 2018. Cinema Management Group mercou os dereitos de distribución internacional do filme.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Nunha pequena vila dos Grisóns, Mona e Gieri, unha parella de mediana idade que leva vinte anos casada, está a ter dificultades coa súa relación sentimental.[1][2] Fanse amigo de Nanda Sharma, o novo sacerdote católico da súa aldea, e piden o seu consello para mellorar a súa relación. As súas formas pouco convencionais provocan problemas na vila.[3] Ao descubrir que Gieri tivo unha relación extramatrimonial, Mona déixao. Abre un café e comeza a saír con outro home. Gieri, animada polos seus dous fillos, tenta recuperala.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Rebecca Indermaur como Mona
  • Bruno Cathomas como Gieri
  • Tonia Maria Zindel como Guilia
  • Beat Marti como Urs
  • Marietta Jemmi como Carla
  • Murali Perumal como Nanda Sharma
  • René Schnoz como Silvio
  • Anita Iselin como Ladina
  • Martin Rapold como Michael
  • Muriel Degonda como Peppina
  • Bono Jacomet como Leo
  • Peter Jecklin como Vicar General Huber
  • Roman Weishaupt como Hunter

Produción e estrea[editar | editar a fonte]

Amur senza fin foi dirixido por Christoph Schaub e producido por Zodiac Pictures LTD. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno en agosto de 2018.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amur senza fin". Cineuropa. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  2. "Amur senza fin". Locarno Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "US distributor acquires rights to "Amur senza fin"". Swissinfo. Swiss Broadcasting Corporation. 31 de agosto de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  4. "True Romansh". Swiss In Flight Entertainment. 1 de setembro de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  5. Schaub, Christoph. "Amur Senza Fin". Schaub Film. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  6. Maurer, Christian (30 de xullo de 2018). "Knacknuss war die Aussprache". Blick. Ringier. Consultado o 2 de marzo de 2019.