Amatciems
Coordenadas: 57°13′N 25°18′L / 57.217, -25.300
Amatciems | |
---|---|
Amatciems | |
Vista desde unha das cabanas da eco-vila con acceso a un lago de auga doce. | |
Localización | |
País | ![]() |
Demografía | |
Poboación | 72 hab. (2010) |
Outros datos | |
Páxina dos fundadores de Amatciems |
Amatciems é unha eco-vila letoa. En 2010 tiña 72 habitantes. Está situada na rexión dos lagos e de zona húmida de Vidzeme, a 12 km da cidade de Cēsis e a 80 km de Riga. Preto da vila atravesa a autovía de alta velocidade A2 e a liña de tren Riga-Lugazhi.
Historia[editar | editar a fonte]
A creaciòn do proxecto da eco-vila atribúeselle a Aivar Zvirbulis coa motivación de fuxir do ruído da cidade e recuperar un contorno habitábel preto da natureza. A construción orixinal ocupaba 150 hectáreas. Cara ao ano 2010 sumáronse ao proxecto 27 familias, 12 con residencia permanente e 15 como residencia vacacional.[1]
Na eco-vila promóvense certas regras de convivencia como a prohibición do ruído nocturno, a non construción de cercas ou a promoción e aceptación de cans coa consecuente norma de non encadealos no interior da vila. Cada parcela dispón do seu propio espazo de bosque e acceso a lagos de auga doce natural. Para a construción das vivendas empregáronse fachadas de pedra natural, estruturas de madeira, leñas e cachotaría complementada nos muros exteriores por detalles de madeira decorativa e cristais pintados. Amatciems está asentado baixo unha acumulación de montes e bosques e unha reserva natural de auga doce en estanques, lagos e arroios interconectados entre si para manter o mesmo nivel e evitar inundacións na tempada de chuvias. A zona natural de bosque alberga unha variada flora, como cogomelos e bagas, e unha fauna con animais en liberdade como cervos, raposos e aves.