Amador Víctor González
Amador Víctor González | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1890 |
Lugar de nacemento | Mondoñedo |
Falecemento | 19 de abril de 1953 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Amador Víctor González, nado en Mondoñedo o 19 de xullo de 1890 e finado en Río Gallegos o 19 de abril de 1953, foi un tipógrafo e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou sendo moi neno cos seus pais a Buenos Aires. Aos 15 anos xa daba conferencias nas prazas de Bos Aires. Fundou os periódicos La Gaceta del Sur, El Barrio, El Satírico, El Independiente, Letras Patagónicas e La Voz del Pueblo. Tamén foi redactor e colaborador de La Opinión Española, La Fronda, La Argentina, El Diario Español, La Batalla e La Nueva Provincia. Militou no anarquismo, o socialismo e o radicalismo, e as súas actuacións e escritos valéronlle varios procesos con penas de desterro e de cárcere.
Obras[editar | editar a fonte]
- El espíritu obrero en la Patagonia, 1921.
- Huerto azul, 1940.