Saltar ao contido

Amadeo Brumbeck Ferrería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmadeo Brumbeck Ferrería
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Mortemaio de 1940 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
1 de xaneiro de 1906 – 1 de xullo de 1909 – Valentín Viqueira Torrente → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, político Editar o valor en Wikidata

Amadeo Brumbeck Ferrería, nado en Vilagarcía de Arousa e finado no mesmo concello en maio de 1940,[1] foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Julio Brumbeque Nelson que se instalou en Vilagarcía cara 1856, procedente da cidade norueguesa de Kristiansand. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, representante no Consello Provincial de Pontevedra de Fomento e alcalde de Vilagarcía do 1 de xaneiro de 1906 ata o 1 de xullo de 1909. Foi concelleiro durante a Segunda República e Primeiro Tenente Alcalde ata o 31 de agosto de 1934. Foi reposto como concelleiro o 19 de xaneiro de 1936. Foi elixido compromisario para a elección de presidente da República en abril de 1936. Cofundador do Villagarcia Foot Ball Club, foi tamén poeta e xornalista.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela Reguera Pedrosa.

Predecesor:
José Borruel Martí
 
Alcalde de Vilagarcía
 
1906 - 1909
Sucesor:
Valentín Viqueira Torrente
  1. El Pueblo Gallego, 16-5-1940, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]