Saltar ao contido

Alvan Graham Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlvan Graham Clark

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1832 Editar o valor en Wikidata
Fall River, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 1897 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo, empresario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FamiliaClark Family Editar o valor en Wikidata
PaiAlvan Clark Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorge Bassett Clark Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
Alvan Graham Clark e o seu asistente (á dereita).

Alvan Graham Clark, nado en Fall River, Massachusetts o 10 de xullo de 1832 e finado o 9 de xuño de 1897, foi un óptico e astrónomo norteamericano, construtor de grandes obxectivos para telescopios refractores.

Iniciou a súa aprendizaxe no fundido, talla e puído do vidro ópitco co seu pai, Alvan Clark, a quen lle axudou no traballo até o seu falecemento en 1887. Xunto con el fundou a Alvan Clark and Sons, fábrica de obxectivos para telescopios que co tempo sería unha importante compañía óptica norteamericana, a cal fabricaría as maiores lentes de telescopios nos séculos XIX e XX.

En 1860 comezaron a construción dunha gran lente que sería instalada nun telescopio da Universidade de Mississippi, de 47 cm de diámetro, que cando fose terminado se convertería no maior dos Estados Unidos por diante da de 38 cm do Observatorio de Harvard en 1862. Ao rematar o traballo, en 1862, quixo probar a súa calidade óptica apuntando á estrela Sirio e descubriu xunto a ela unha estreliña nunca vista antes, Sirio B, éxito que catapultou á fama os ópticos americanos por todo o mundo. (A lente non chegou nunca ao seu destino: logo da Guerra de Secesión terminou instalada no Observatorio Dearbon da Universidade de Chicago, onde sería utilizada para realizar estudos de Xúpiter e de estrelas dobres.) A órbita de Sirio B fora determinada matematicamente por Peters en 1850, moito antes de confirmar a existencia da estrela mencionada.

En colaboración íntima co seu pai puíu os obxectivos de numerosos telescopios estadounidenses: o de 66 cm do Observatorio Naval (1872), o de 91 cm do Observatorio Lick (1888) e o de 102 cm do Observatorio Yerkes, aínda o refractor maior do mundo (1895). Esta sería a maior lente fabricada xamais para un telescopio: terminada en outubro de 1895, ten 230 kg de peso e unha focal de 18 metros, entrando en funcionamento o 21 de maio de 1897.

Cando traballaba no proxecto para fabricar unha xigantesca lente de 152 cm de diámetro faleceu: o obxectivo nunca se levou a cabo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • On Supposed Effects of Strain in Telescopic Objectives, (1897), Science, Volume 5, nº 124, p. 768.
  • Historia del Telescopio, Isaac Asimov, Alianza Editorial (1986).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]