All We Know Is Falling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

All We Know Is Falling
Álbum de Paramore
Gravación 2005
Duración 35:47
Xénero(s) rock alternativo, pop punk, emo
Selo(s) Fueled by Ramen Records
Producido por James Wisner, Mike Green
Cronoloxía
- All We Know Is Falling The Summer Tic EP

All We Know Is Falling é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Paramore, publicado o 26 de xullo de 2005 a través do selo Fueled by Ramen Records. O disco acadou o número 8 na lista británica de rock. Nos Estados Unidos acadou o posto 30 da lista da Billboard Heatseekers Chart, pero non entrou na Billboard 200.

Segundo o A&R de Paramore en Atlantic Records, Steve Robertson, en vez de darlle á súa estrea un importante impulso nas radios, cria que a banda debía comezar aos poucos coñecéndose grazas ao boca a boca. Robertson dixo: "quería que os rapaces descubrisen a banda sen meterllela polas gorxas".

Cara xullo de 2010, o disco vendera ao redor de 528,000 copias nos Estados Unidos, aínda que antes de ser editado Riot! s´vendera unhas 50.000 unidades. En setembro de 2005 apareceu unha edición especial en Xapón co tema inédito "Oh, Star". O 26 de maio de 2009 publicouse unha edición deluxe exclusivamente a través de iTunes, con dous temas ao vivo e tres videos musicais.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Hayley Williams, agás onde se indica, toda a música composta por Williams & Josh Farro, agás onde se indica.

N.º Título Duración
1. "All We Know"   3:13
2. "Pressure"   3:05
3. "Emergency" (lyrics: Williams, Farro) 4:00
4. "Brighter" (letra: Williams, Farro) 3:43
5. "Here We Go Again"   3:46
6. "Never Let This Go"   3:40
7. "Whoa" (letra: Williams, Farro) 3:21
8. "Conspiracy" (música: Williams, Farro, Taylor York) 3:42
9. "Franklin"   3:18
10. "My Heart" (letra: Williams, Farro) 3:59
Edición deluxe de iTunes
N.º Título Duración
11. "Pressure" (ao vivo) (orixinalmete editada en The Final Riot!) 3:01
12. "Here We Go Again" (ao vivo) (orixinalmete editada en Riot!) 3:24
13. "Pressure" (video musical) 3:06
14. "Emergency" (video musical) 3:58
15. "All We Know" (video musical) 3:14